Blogia
CRIS

A MIÑA HITORIA PERSOAL

A ARTE para min é a beleza,a expresión da beleza .O home intenta facer arte a través da súa obra , ca que intenta reflexar simbólicamente un aspecto da realidade . A arte podémola encontrar en calquer lugar,sitio,momento,… só temos que saber observar. Arte pode ser un cuadro, unha escultura ,un edificio , un deporte , … Mirando con atención o noso redor xa podemos atopar arte , pero moitas veces non nos decatamos do que temos tan preto ou simplemente non lle damos importancia . Eu penso que o propio ser humano non é consciente do que pode chegar a facer, pero realmente fai  obras alucinantes. Para que o ser humano sepa valorar o que é a arte, para que a coñeza, para que manteña unha relación estreita con ela é convinte que desde pequeno reciba unha boa e adecuada educación artística. A miña educación artística podo decir que non foi moi amplia pero sempre estiven vinculada con ela,xa fora no  colexio ou fóra del . Acordome de que o que máis me gustaba facer era pintar,tamén dibuxar pero en menos medida.Recordo que podía estar horas e horas pintando que o tempo pasábame voando por este motivo metinme en clases de pintura(pero estiven pouco tempo).Recordo tamén que facíamos numerosos murais e manualidades con barro , tela , cartóns, periódicos…material de todo tipo.Utilizábamos  pegamento,pinceles,acuarelas,ceras gordas,agua,…E no entroido facíamos nos mesmos os disfraces co cal tiñan moito máis mérito e lucíamolos moi orgullosos. Con estas numerosas actividades artísticas disfrutaba moito,pois era unha maneira de abstraerme de todo,de liberar a miña creatividade e orixinalidade.  Xa no instituto a miña relación coa educación artística era moito menor,estaba máis determinada  e foi cando comezamos co dibuxo técnico.Fóra do colexio e do instituto asistín a clases de pintura,como xa dixen anteriormente ,pero tamén asistín a clases de patinaxe artística durante alguns anos,foi un dos primeiros contactos coa arte dende outro punto de vista. Xa na Universidade volvin a ter un contacto coa arte coas clases de plástica e música pero non foi ata este momento,con esta asignatura cando me decatei o importante que é e que foi  a arte na miña vida e claramente espero que siga sendo. Miguel Anxo é un dos artistas que máis me gusta,non é que controle moito de artistas,nin tampouco da súa obra, pero de pequena vin xunto coa miña nai unha película da súa vida que me sorprendeu bastante e que logo comentei con ela.Fai moitos anos que a vin pero sígame acordando dela cun certo cariño. Paréceme sorprendente o que este home fixo na Capilla Sixtina,e xa non so as súas pinturas en sí sinon o gran esforzo que tivo que realizar para poder pintar os teitos e ademaáis a varios metros do chan.  Pero para min o meu mellor artista é o meu avó,xa sexa porque coñezo tódalas súas obras,porque sei o traballo que lle costou realizalas,porque levou toda a súa vida facendo iso ou pola súa proximidade.Meu avó é escultor,fixo chimeneas ,  cruceiros , virxes , escudos… tamén dibuxaba moi ben,dibuxos que logo realizaba en pedra.Este foi un vínculo importate que tiven coa arte dende pequena.   

0 comentarios