Blogia
CRIS

O POWER POINT

É o primeiro programa que nos mandaron utilizar. O power point non é moi difícil de manexar. Ademais despois de que a profesora nos dou unha serie de directrices só foi cuestión de práctica. Pois para poder entendelo, dominalo, hai que practicar, e eu fixen varias probas en sucio.A min este programa gustoume bastante,é como unha especie de xogo onde vas montando as túas propias diapositivas, poñendo imaxes, efectos, ... e pasaseche o tempo voando, casi sin decatarte. É moi vicioso.Descubrín que con él poden facerse múltiples e diferentes presentacións xa que ten variadas opcións que o permiten.Este programa abreume un novo campo de traballo, non só para as áreas de novas tecnoloxías e de didáctica da educación visual e plástica, sinon que tamén para o resto das áreas, pois podo facer numerosas presentacións de calquer traballo doutra asignatura. Pero tamén o podo utilizar de maneira persoal, é decir, tratando o tema que eu queira, por exemplo: unha voda, unha comunión, unha reunión de amigos... pode ser de calquera cousa que se me ocurra.O power point conxuga a facilidade, cun amplio campo de posibilidades que da. Isto fai que sexa unha ferramenta de traballo moi completa. Debería ser indispensable na educación e que os rapaces comezaran a conocela e a traballar con ela dende unha idade temprana. No meu caso conocina bastante tarde, gustaríame que non fose así pero máis vale tarde que nunca.

0 comentarios