TECNOLOXÍA E EDUCACIÓN
¿Qué tipo de escola queremos para os nosos alumnos?
¿Queremos unha escola para que repitan a información?
Os alumnos deben ter pensamento propio e as novas tecnoloxías poden axudar a realizar esto. Por iso é convinte integrar as NT na educación.Sabemos que nos últimos anos fíxose unha gran inversión en tecnoloxía para as escolas (primria e secundaria, sobre todo).
Pero esto non demostrou ningún cambio, pois utilizanse as tecnoloxías para realizar o que se facía antes, simplemente para dar unha imaxe de avance.
Este problema foi co que comezamos a primeira parte do noso proxecto, a fundamentación. Tecnoloxía e educación ¿por qué? e ¿para qué?
Coa integración das TICs na educación é necesario cambialo modelo de educación nas escolas. Para que esto se poida levar a cabo é necesario que como futuros mestres nos concienciemos da súa importancia, pois non basta so con pensalo, tamén hai que poñelo en práctica e para iso temos que estar ben formados.Enseñar non é simplemente transmitir ideas a outro, para que as repita como un loro, sinon que tamén é favorecer que o outro descubra por él mesmo.
Coas TICs isto é posible xa que o aprendizaxe basase en buscar, analizar e reelaborar a información. O mestre deixaría de ser a principal fonte de coñecemento para dar paso a múltiples informacións. Así o alumno tería moita máis autonomía, sería moito máis activo no proceso.
Pero entón ¿onde quedaría ubicado o docente? O metre é unha peza indispensable neste novo método de aprendizaxe xa que sin él non sería efectivo. A súa función é a de guía, resolvendo dúbidas, facendo cuestións, guiando os nenos pola información...Outras ventaxas deste método, permitirlle as persoas poder estudiar sin que teñan que asistir a clase, favorecer a colaboración entre docentes e estudiantes máis alá do centro educativo.
0 comentarios