SQUEAK
A clase práctica de novas tecnoloxías do día 4 de maio ía ser distinta as demáis, xa que ía vir alguén a falarnos sobre un programa informático, isto foi o que nos dixo Adriana na clase anterior a de este día.
Cal foi a nosa sorpresa cando o día da práctica descubrimos que quen nos viña explicar aquel programa eran un montón de nenos.
Pertencían a 3º de Educación Primaria do colexio de Lasalle. Organizados por parellas encargáronse de enseñarnos a utilizar o software Squeak, que eles están usando no seu colexio. Puidemos observar cómo o utilizaban, para qué o utilizaban e que proxectos lle permitía desenrrolar.A min e a Dolores tocáronnos como mestres Alberto e Manuel. Sorprendeunos a facilidade con que manexaban o programa, o desinhibidos que estaban, o faladores que eran… supoño que viñan bastante seguros do que nos ían explicar porque todos tiñan un aprendizaxe xa introducido nas novas tecnoloxías, aínda que non digo que non estibesen nerviosos. Como xa dixen estaban moi desinhibidos, e isto tamén pode ser en gran parte a este novo método de educación, que lle permite estar máis en contacto cos demáis e lle obliga a ser máis activos e conscientes sobre o seu aprendizaxe.Este software plantexa que sexa o neno quen constrúa os contidos do programa.É un programa casi bacío pero ten ferramentas, o neno é activo no proceso de aprendizaxe. Traballan con conceptos non con datos, conceptos adquiridos que logo teñen que aplicar a situacións concretas, é aquí cando chegan os problemas si estes conceptos os teñen aprendidos de maneira memorística. Este programa fai que os alumnos teñan que aplicar esos conceptos.É un software de autor, son eles quenes crean a simulación.Neste caso a simulación que nos plantexaron foi a reconstrucción de todo o proceso de desenvolvemento do Sistema Solar con movementos de rotación e translación terrestre.En definitiva pareceume unha experiencia moi grata da que puiden comprobar por min mesma que sí funcionan as novas tecnoloxías na educación. Tamén sentín certa envidia deses nenos, da súa educación que hoxe en día deberían ter todos.
0 comentarios