CIBERBULLYING
Fai uns días escoitei na televisión unha noticia referente as novas tecnoloxías, e si teño que decila verdade, non me sorprendeu nada. Trataba sobre un novo tipo de acoso, o chamado ciberbullying ou ciberacoso.
Este novo fenómeno que se está dando na nosa sociedade consiste en amedrentar, acosar e maltratar a unha persoa a través das novas tecnoloxías.
Algúns exemplos desto son: as grabacións a través do móvil de palizas, de burlas, de tratos vexatorios,… que lle fai unha persoa ou un grupo hacia outra persoa, para logo ese vídeo ser colgado en internet, youtube por exemplo.
Recibir a través do móvil ou do correo eletrónico mesaxes intimidatorios e ameazas.
Tamén recibir estas mensaxes, a través de páxinas onde se encontre o perfil da víctima, ou de outro tipo para deixalo en ridículo,…
Usurpar a identidade doutra persoa na rede.
Chantaxes por algún tipo de contido virtual que a víctima non quere que se faga público.
Etc.
O ciberbullying está extendido entre os rapaces xóvenes, sobre todo. Este problema estase dando nas aulas (maioritariamente en institutos, contra outros alumnos ou contra os profesores) e fóra delas.
Os rapaces síntense orgullosos desta práctica e queren con ela algún tipo de recoñecemento por parte do seu grupo.
Moitas veces os pais non saben que esta práctica estana realizando os seus fillos.
É un problema moi grave que cada vez vai a máis e hai que buscar solucións dende o goberno, como dende a escola e porsuposto dende a familia.
Os pais/nais interaccionan cada vez menos cos seus fillos deixando moitas veces a súa educación en mans da televisión, de internet, por exemplo. Ademáis que os pais na maioría dos casos non dominan as TICs, polo que os seus fillos teñen total libertade sin ningún tipo de control e poden facer o que lle de a gana sin que os pais se enteren. Polo que os xóvenes buscan un desafogo emocional e un recoñecemento a través deste tipo de violencia.
O goberno ¿pode controlar ou non internet? e internet ¿pode ou debe ser regulado?
O maior problema que afecta a internet é a falta de un marco regulatorio adecuado que regule todos os problemas que invaden a privacidade dunha persoa e que van contra os seus dereitos fundamentales.
0 comentarios