Blogia
CRIS

PIZARRAS ELECTRÓNICAS

A noticia do día 10 de xaneiro de El Correo Gallego.es ( http://www.elcorreogallego.es/ ) a que se encabeza con este titular “Galicia lidera la dotación de pizarras digitales en la enseñanza”,e deixando de lado o aspecto político e cetrándome so no que di, paréceme unha gran noticia, dunha evolución enorme para a enseñanza en Galicia.

Pero existe un problema, pois as cousas comézanse facendo polo principio e teñen unha evolución para chegar a un fin, e non podemos saltarnos estos pasos, “non podemos comezar a casa polo tellado”; con isto quero decir que ¿para qué gastar tanto diñeiro nuhas pizarras que non se saben utilizar? ou ¿para qué unhas pizarras que a súa utilización non terá nigunha base educativa nin metodolóxica? ou ¿para qué unhas pizarras que simplemente non se utilizarán?. Non sería máis coherente invertir ese diñeiro en cursos nos que lle enseñaran os profesores a utillizar as TICs nas aulas e logo sí ir dotando pouco a pouco os centros destas innovacións.

Non creo que estemos a altura doutros países como asegura a noticia, pois non se debe medir a integración das novas tecnoloxías no sistema educativo pola cantidade sinon pola calidade da educación con referencia as TICs.

0 comentarios