Blogia
CRIS

RELACIÓN ENTRE ARTE E TECNOLOXÍA

En principio pensei ¿qué teñen que ver as artes coas novas tecnoloxías?

Pero sí, teñen moito que ver,aínda que parezca que non, son duas áreas íntimamente ligadas unha ca outra.

Nas novas tenoloxías predomina sobre todo a imaxe visual. “Unha imaxe vale máis que mil palabras” este dito transmite claramente o que quero decir. A imaxe impacta no nosos sentidos de forma inmediata, con unha gran forza e provócanos que afloren diferentes sentimentos, actitudes...que outras formas de comunicación non son capaces de provocar nas persoas.

Por exemplo unha persoa está vendo os informativos na televisión, o periodista informa de que morreron un montón de persoas nun bombardeo... pero de repente mostran unhas imaxes,esta persoa queda impactada polas imaxes e comeza a chorar(é un sentimento producido pola amargura da noticia pero que é desencadeado polas imaxes).Con este exemplo quero reflexar a importancia do visual. Para un bo tratamento das imaxes e convinte seguir algunhas directrices artísticas xa que estamos construíndo arte, pero deixando voar a imaxinación.

A arte podémola encontrar en todos os aspcetos da vida, na calle , na naturaleza, no noso contexto...pero tamén nos massmedia. Na nosa cultura estética  a arte ten unha gran experimentación coas tecnoloxías e cos medios alternativos.

Nas novas tecnoloxías non basta con trasmitir a información,pois témolo que facer dunha forma atractiva, que chame a atención do usuario. Transformar a información, nunha información multimedia (conxunto de imaxes, texto e sonido) require un aprendizaxe no manexo das tecnoloxías pero tamén é un desenvolvemento artístico. Para diseñar calquera tipo de web requírese do dominio destas dúas áreas.

0 comentarios