COMPETENCIAS BÁSICAS E TIC
Quero facer referencia o artículo que encontrei na rede (http://lagacetilla.blogspot.com ) sobre as “ Competencias Básicas Y TIC”.
Ó rematar a educación obrigatoria as competencias básicas son as que debemos alcanzar.
Na actualidade as novas tecnoloxías están cambiando o sistema educativo xa que se están introducindo, cada vez máis, nos centros escolares para adquirir as competencias básicas a través das TICs . O libro de texto pouco a pouco quedará en desuso. Será un proceso largo, para que este tipo de enseñanza se domine e se sistematice en todos os centros escolares.
A maioría dos profesores non recibiron unha educación basada nas TICs tanto na educación que recibiron dende pequenos como na universitaria. Polo que lle resultará bastante difícil enseñar doutra maneira que non sexa a tradicional, a que eles recibiron. Esto pode facer que utilicen as novas tecnoloxías dunha forma non útil, reproducindo o tradicional.
As TICs son unha forma totalmente nova que cambia por completo a forma de enseñar e de aprender, os rapaces buscan e constrúen o seu propio coñecemento dunha forma máis activa. É un proceso constante no que os rapaces non paran de traballar, supervisados de maneira continua polo profesor/a. Desta nova forma de aprender obteremos persoas moito máis independentes, activas, curiosas, eficaces, mellor informadas, críticas,…
A enseñanza das TICs é fundamental para calquera persoa porque terá moitas máis oportunidades no mundo laboral, xa que hoxe en día calquer posto de traballo leva implícito o dominio delas.
0 comentarios