A asignatura de novas tecnoloxías foi o primeiro contacto que tiven coas TICs, pódese decir que pouco máis que encender o ordenador era o que sabía facer.
Facer algún tipo de traballo no ordenador non era unha idea que me gustase demasiado, pois sentíame demasiado perdida e prefería facelo da forma tradicional, como o fixera sempre.
Pero pouco a pouco, cas explicacións de clase, cos numerosos traballos que tivemos que realizar e ca práctica foime gustando a maneira de traballar con este instrumento.
O principio utilizaba sempre os ordenadores da facultade e no fin de semana o da casa (sin conexión a internet) ata que miña nai me regalou o portátil. Foi a partir deste momento cando supen que nunca máis me podería separar del.
Cando rematei a asignatura de novas decateime que levara aprendido un montón de cousas ou polo menos, para min eran un montón. Facer presentacións en power point, como facer unha webquest, como buscar información na rede, como ensinar ós rapaces a través das TICs con novos programas, como facer unha conta de correo,…
Ademáis de contactar moito máis cos compañeiros/as de clase ó facer grupos ó azar e estar tanto tempo xuntos.
Estas novas aprendizaxes foron moi beneficiosas xa que me serviron para realizar actividades, traballos, etc. doutras asignaturas nos anos posteriores.
Hoxe en día teño internet na casa (despois de tanto insistirlle a miña nai de que o puxese!) e penso que é absolutamente necesario xa que é o medio de comunicación e información por excelencia. E pronto, espero, será o instrumento a través do cal traballarán conxuntamente mestres/as e alumnos/as para a construcción do seu aprendizaxe deixando atrás o libro de texto e a súa metodoloxía.
Supoño que dentro duns anos rara será a persona que non teña internet (si non o é xa), como raro é agora que alguén non teña móvil.
As tecnoloxías avanzan (cunha rapidez de vértigo) e con ela a sociedade, por iso hai que estar informado e formado, para saber utilizalas dunha forma útil e coherente.
A parte de ser un gran instrumento de traballo tamén é un gran instrumento de comunicación, unha persoa desde calquera punto do mundo pode estar falando con outra en tempo real, si é vendose a través da cámara web, si é escribindo a través do messenger, si é falando a través do skype, etc.
Eu, por exemplo, teño a todos os meus amigos no messenger cos que falo máis a menudo do que o facía antes e dunha forma máis relaxada, podendo facelo con varios a vez. Tamén me permite estar en contacto cos amigos que teño lonxe. Teño unha amiga de aquí, de Galicia que ten familia en Barcelona, polo que a cámara web permítelle estar en contacto cos seus e ver como van crecendo os seus sobriños, e eles que a reconozcan e non sexa unha descoñecida.
Os foros nos que podes opinar sobre calquer tema con outras persoas, os chats nos que podes falar con calquera e as páxinas como tuenti, facebook, fotlog (unha especie de diario virtual),… son outras formas de estar en contacto cos amigos, cos conocidos e tamén para facer máis amigos.
O mundo cada día máis globalizado, seguro que é unha frase que escoitastedes máis dunha vez. Podémonos enterar o momento ou casi o momento do que pasou ou está pasando no outro extremo do mundo, podemos ver en tempo real as calles doutra cidade, podemos saber o tempo que vai facer ou que está facendo na cidade que dexesemos, e moitas cousas máis que non podería parar de enumerar.
Pero como tódalas innovacións teñen o seu aspecto positivo pero tamén o seu aspecto negativo e numerosos son os perigos que ten internet (este foi un dos motivos polos cales miña nai non quería conectarse a rede). Podemos destacar algúns como: a adicción que pode crear nos usuarios alexándoos da realidade, problemas físicos (obesidade, dores de espalda, trastornos do sono,…), pornografía, virus,…
Esto hai que combatilo, non prescindir de internet por medo.
Con vixilancia por parte dos adultos, preocupándose polo que fan, que miran, que buscan os seus fillos ou os seus alumnos por internet; proecupándose por estar cada día mellor formados nas novas tecnoloxías; poñendo algún tipo de reglas e filtros a hora de manexar internet; educando os nosos nenos/as nuns valores tanto na escola como na casa e prestándolle máis atención; etc.
Para rematar decir que eu sí quero seguir formando parte do avance, sí quero estar informada, sí teño curiosidade, sí que me gusta estar comunicada, sí quero dala miña opinión,… polo que seguirei aprendendo e introducíndome no mundo das TICs.